COGAMI e FGK comparten xornada da discapacidade practicando o karate inclusivo en Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Co motivo da conmemoración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a Federación Galega de Karate (FGK) e máis COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) organizan unha competición deportiva de karate adaptado ás persoas con discapacidade.

A xornada, que leva por nome `Xornada de Karate: II experiencia de deporte Inclusivo´ desenvolverase coa participación de 10 persoas usuarias de COGAMI e 10 karatekas federados que tratarán de adestralos co fin de que as persoas con discapacidade vexan que este deporte pode ser practicado por todas as persoas, e tamén, serve para sensibilizar ao resto da sociedade e amosar que as barreiras mentais poden racharse.

O obxectivo desta actividade deportiva é sensibilizar sobre a importancia da práctica do deporte, adaptar os deportes en función das características das persoas participantes, facilitar a práctica do deporte para todas as persoas, e tamén, garantir un intercambio de experiencias entre as entidades COGAMI e FGK

2 de decembro de 2014 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.