Clausura do curso de formación en Marín

Entrega de diplomas
A Alcaldesa de Marín e a concelleira de Benestar Social fixeron hoxe entrega, acompañadas das responsables e técnicas de Servizos Sociais, dos diplomas ás persoas asistentes aos cursos de formación de Manipulación de Alimentos, Fileteado de Peixe e Charcutería que se terminaron a semana pasada, dirixido a colectivos de usuarios e usuarias en risco de exclusión social.
A temática dos cursos foi seleccionada seguindo indicacións dos encargados de Orientación Laboral do Concello de Marín, seguindo os criterios de oferta de emprego.
Trátase de proxectos formativos cofinanciados polo Fondo Social Europeo, o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e o Concello de Marín.











