Chega ao Museo do Humor de Fene a mostra de caricaturas “A paz, cuestión de fondo”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

O Concello de Fene inaugura nova exposición hoxe, luns, 1 de decembro, na Sala de Banda Deseñada do Museo do Humor. Baixo o título “A paz, cuestión de fondo”, a mostra de caricaturas amosa os prexuízos que operan acerca da idea de paz, do racismo, das diferenzas sociais ou a guerra. Permanecerá aberta ao público ata o 7 de xaneiro de luns a venres de 10 a 13 e de 16 a 21 horas, e os sábados, de 10 a 13 horas. A partir do 20 de decembro, o horario de visitas será de luns a venres, de 10 a 14.15 horas.

Trátase dunha exposición cedida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que o Concello de Fene é socio colaborador. A mostra, que xa se amosou nalgún colexio de Fene, consta de 16 obras de 28 autores procedentes de 16 países diferentes. Reflicte, en palabras dos seus promotores, “verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporánea e que serven, non só de repaso á realidade actual, senón como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a crúa realidade”.

1 de decembro de 2014 | 19:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.