Chega a Vigo a rolda de cursos de formación para previr a violencia de xénero en redes sociais e smartphones

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu esta mañá ao inicio do terceiro dos cursos de formación especializada que Igualdade impartirá entre os profesionais dos CIM para pór freo á violencia de xénero e sexual a través das novas tecnoloxías.

Baixo o título “Violencia de Xénero e Sexual en Internet, Redes Sociais e Smartphones: Coñecer, Previr e Actuar” o obxectivo deste curso é seguir achegando coñecementos para a mellora na atención e a intervención por parte dos profesionais que en Galicia traballan con mulleres e menores que sofren violencia de xénero nos seus fogares.

De feito, a iniciativa enmarcase dentro das actividades de formación que celebra a Secretaría Xeral da Igualdade periodicamente e que da cumprimento a un dos obxectivos do VI Plan Galego para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Por iso, celébrase durante o mes de decembro nas catro provincias. Os día 1 e 2 deste mes realizouse en Lugo, en Ourense fíxose o propio o 3 e 4, na cidade de Vigo se realizará durante o día de hoxe e mañá rematando así en Santiago os días 11 e 12 de decembro.

A actividade ten una duración de 20 horas lectivas -10 presenciais e 10 online- e está impartida polo persoal de ‘Pantallas Amigas’, una entidade amplamente recoñecida polo seu traballo no eido dixital e que desde 2010 centrase en combater a Ciberviolencia de xénero.

O contido do curso abranguerá asuntos como o ciberacoso, sexting, sextorsion e ciberbullyng; ademais de afondar nas características da Rede o uso seguro de internet, as redes sociais de uso máis común entre as mozas e mozos galegos, seguridade e privacidade nos Smartphones, aspectos legais e ciberdelitos, etc.

No caso concreto de Vigo, cuxo curso visitou hoxe a responsable de Igualdade do Goberno galego, hai máis de 50 participantes que veñen do Centro de Emerxencias de Vigo, do Servizo de Igualdade e do Servizo de Familia e Menores da delegación de Vigo e dos CIM da provincia. Concretamente, asiste persoal dos CIM de Baiona, Cangas, Moaña, Nigrán, Redondela, O Porriño, Soutomaior, Marín, Bueu, A Lama, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vigo.

10 razóns para non prácticar ‘sexting’

Nesta mesma liña, a finais do mes de novembro a Xunta puxo en marcha unha campaña pioneira a nivel galego e estatal: “10 razóns para non practicar sexting”, que pretende para concienciar tanto á mocidade coma ás persoas adultas, dos perigos que ten difundir fotografías ou vídeos determinados a través de internet e das redes sociais.

Ademais, a través da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero este ano varios concellos galegos están a impartir, como novidade, cursos relacionados coa “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”. Trátase de obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes, preferentemente expostos a situacións de violencia de xénero, que se centran no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsin, etc.

9 de decembro de 2014 | 13:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.