publicidade hoxe

Cervo entrega a 15 familias os cheques coas axudas para material escolar e libros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+

O Concello de Cervo fixo entrega dos cheques das axudas para material escolar e libros a un total de 15 familias con fillos cursando segundo ciclo de educación infantil. Os importes que percibiron varían segundo o caso xa que a subvención concédese atendendo aos gastos que tivese cada alumno, sempre relacionados co material escolar e os libros necesarios para eses cursos, aínda que sempre ata un máximo de 130 euros por neno.

Unhas axudas que corresponden ao curso 2014-2015 e que teñen o obxectivo de “apoiar aos pais e nais á hora de afrontar os gastos extraordinarios dun novo curso escolar”, asegura a edil de Educación, Pilar Armada, que estivo presente na entrega xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares.

Unhas axudas que financia o Concello con fondos 100% municipais, ao igual que ocorre con outras liñas de subvencións no ámbito educativo, como as de transporte escolar, que tamén se veñen concedendo todos os anos. Nese caso, os cheques, (de ata 200 euros por alumno), entregaranse ao longo deste mes e as axudas están dirixidas a aquelas persoas que teñen que saír fóra a estudar titulacións ou ensinanzas que non se imparten en Cervo.

Ao mesmo tempo, o Concello tamén concede axudas aos colexios e outras entidades como as ANPAS para “contribuír a completar e facer máis dinámica a actividade académica e educativa” engade Armada, “de forma que tentamos apoiar a todos os colectivos implicados na formación dos nosos fillos”.

3 de decembro de 2014 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.