Cerdedo avanza nas obras para minimizar os danos dos temporais
O Concello de Cerdedo continúa avanzando nas obras deseñadas a través do plan de actuacións para minimizar os danos dos temporais. Por mor deste problema que ano tras ano ocorre e tras o plan de actuacións que se iniciou fai 1 mes (primeira fase de reunións cos veciños afectados pobo por pobo para que eles mesmos nos indicaran os puntos máis conflitivos onde se producen os maiores danos. Posteriormente irase aos montes e reuniranse coas directivas das comunidades de montes para de forma conxunta establecer un plan de actuación que consistirá principalmente na limpeza das cunetas xa existentes, ampliación das mesmas, creación de novas cunetas onde sexa necesaria e mesmo pequenas taxeas de derivación no monte, e nas zonas onde sexa necesario instalación de rexillas ou entubado para evitar a saída da auga das cunetas ás vías de comunicación, feito que ademais supón un grave risco de seguridade porque son constantes as saídas de vías dos vehículos implicando un grave perigo tanto para os condutores como para os propios peóns) realizáronse xa as seguintes obras:
– Canalización de augas pluviais no lugar de Vilarchán.
– Apertura de gabias no monte para evitar a escorrentía de augas polos núcleos
– Este mesmo tipo de gabias fixéronse nos lugares de: Castrelo, Milladoiro, Piñeiro, Pedre, Dean, Figueroa, Vilar, Cuiña e Lourido.
Neste lugar de Lourido (Cerdedo) tamén se colocaron tubos para a recollida das augas pluviais e desvialas cara ás leiras e impedindo que transcorran polo medio do núcleo encharcando e alagando distintas zonas. A instalación foi realizada polos operarios municipais colocando tubaxe de pvc de 200 mm abrindo a gabia no terreo e posterior reposición do firme existente.











