Celebra este Nadal con Via Romana
O Rio Natura Monbus Obradoiro quere que todos os seus afeccionados ceen este Nadal co Viño Oficial Obradoiro, das adegas da Ribeira Sacra Via Romana. É por iso, que o club o terá como aguinaldo nestas datas sinaladas.
Os afeccionados poderanse levar unha botella a casa de agasallo por cada dúas entradas compradas en oficinas antes do 6 de xaneiro. Tamén quen realice unha compra superior a 50 euros na Miudiño Store, situada no propio Multiusos Fontes do Sar, será obsequiado cunha botella para brindar cos seus seres queridos.
Polo momento, o club ten aberta a venda de entradas do partido contra o F.C. Barcelona, que se celebrará o próximo 30 de decembro ás 20.30 horas no pavillón santiagués, na que continúa activa até o 24 de decembro ás 23:59 horas a Promoción Noiteboa.
Con ela, os abonados gozan dun prezo especial para eles: 29 euros en Fondos, 35 euros en Tribunas 2, 45 euros en Tribunas 1 e 59 euros en Tribunas Retráctiles. O non abonados poden comprar pases até esa mesma data por 35 euros en Fondos, 39 euros en Tribunas 2, 49 euros en Tribunas 1 e 65 euros en Tribunas Retráctiles.
A partir do 24 de decembro, o prezo será único: 39 euros en Fondos, 45 euros en Tribunas 2, 59 euros en Tribunas 1 e 75 euros en Tribunas Retráctiles.











