Catro días para escoller o agasallo máis orixinal no Mercado do Regalo Artesanal en Monforte
O Mercado do Regalo Artesanal terá lugar os días 18, 19, 20 e 21 de decembro na Praza de Abastos de Monforte, e contará coa participación de 13 artesáns e artistas do vidro, xoiería, xoguete, pintura, roupa, perfumería e decoración.
Desde este xoves e ata o domingo, o Mercado será o lugar axeitado para mercar os regalos de Nadal, tanto para os máis pequenos como para os maiores. Atoparás agasallos diferentes, orixinais e de calidade.
Ademais de estupendas ideas para regalar, o Mercado recibirá unha visita moi especial, xa que este ano o carteiro real estará en Monforte e instalará a súa oficina de recollida de cartas para os Reis Magos no Mercado do Regalo Artesanal os días 19 e 20 en horario de tarde. Tódolos nenos/as que o desexen poderán pasar a entregar as súas cartas e falar co carteiro real.
Os/as 13 artesáns participantes no Mercado do Regalo Artesanal ocuparán un total de 16 postos, nos que presentarán unha variada oferta que detallamos a continuación:
-En Lá – Pilar Gonda: roupa e complementos en lá, seda…, ademais de artigos de artesanía.
-Vandergoes – Sara Álvarez: pinturas ó óleo, gravados…
-Mª Dolores Vázquez: vidro e tea pintada.
-Ralitsa Dimitrova: artigos elaborados con decoupage.
-Lorena López: xabóns artesanais, candeas naturais…
-Candy Buffet: cestas regalo artesanais.
-Armaior: artesanía en madeira de oliveira.
-Mercería Carmen: complementos feitos a man.
-Ione Romo: artigos con goma eva, serraxes…
-A Moura: traxes tradicionais, fundas de instrumentos…
-Antonio Arkine: xogos tradicionais, enxeños…
-Artesanía Macoa: complementos, prata…
-Pilar Ribas: xabóns, candeas, cestas de regalo…











