publicidade hoxe

Canido pecha o ano co Clínic de Navidad máis brillante das súas catro edicións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesOia
A-
A+

O Club Marítimo de Canido celebrou durante tres xornadas o seu tradicional Clínic de Navidad, unha cita coas novas promesas da vela infantil para repasar aspectos técnicos dos seus adestramentos, posta a punto dos barcos, táctica de regata, conviencia con nenos e nenas doutras provincias galegas e comunidades españolas, así como a asistencia ás charlas que departiron regatistas do talle do mítico Javier de la Gándara, Alberto García ou Pedro Pires.

Con esta convocatoria, o Marítimo vigués pecha un ano brillante, con preto dun centenar de rapaces pertencentes ás escolas de vela e equipos de regatas de Reais Clubs como o de Bayona, Cangas, Aguete, Sanxenxo, Vigo, San Sebastián, Club Náutico Castrelo de Miño, Club Grupo Bazán de Ferrol, Canle Isabel II de Madrid e o anfitrión de Canido.

Grazas ao patrocinio de Aceites Abril, Magic Marine e Pires de Lima, e a visita por sorpresa de Santa Claus, o centenar de nenos e nenas viviron tres días cheo de emocións co vínculo común do mar e o deporte da vela como nexo de unión.

O coñecido regatista oceánico Javier de la Gándara achegou o seu coñecemento no deseño das velas para os seus pequenos Optimist, revelando a interioridade da súa técnica na fabricación e os materiais que se utilizan nestas. O momento de maior atención produciuse cando narrou os seus expereriencias en alta mar, coa complicada tarefa de manexar un veleiro de 24 metros e 18 velas a bordo, ou o seu éxito na Galicia Pescanova 93. Sorprendeume a atención que prestaron todas e todos e o calados que estaban mentres falaban e o participativos á hora de facer preguntas”, comentaba o patrón vigués.

Pola súa banda, Alberto García, director do Centro Galego de Vela, e exadestrador olímpico dos equipos sueco e alemán de 470 Femenino, versou a súa charla sobre o Regulamento de Vela, aclarando os conceptos máis usuais nunha competición, as decisións dos xuíces, e os consellos máis prácticos para o seu correcto entendemento. Puiden observar un alto coñecemento por parte dos nenos e nenas que me congratulou, pois entenderon moi ben as explicacións e apenas tiveron dúbidas xa que coñecen moi ben o Regulamento”, dicía a este respecto García.

Pedro Pires de Lima achegou ao Clínic de Canido o seu desenvolvemento na tecnoloxía do “tracking” ou seguimento en tempo real dos veleiros a través dun portal Web. Nas instalacións do Marítimo de Canido os pais e familiares dos nenos e nenas participantes podían observar a situación no campo de regatas dos seus pequenos e pequenas a través dun módulo SIM instalado no seu Optimist, tranmitiendo a súa posición GPS na auga, para poder analizar a súa táctica de regata e evolución na competición.

Da meteoroloxía encargouse Manu Millán, instrutor do Marítimo de Canido, apoiado polo seu responsable na dirección técnica do Club olívico, Emilio Méndez.

A visita sorpesa produciuna Santa Claus que, chegado dende a xélida Laponia ás cálidas augas da Ría de Vigo, se encargou de repartir chocolate quente con rosca de Nadal, departindo cos pequenos e pequenas nos seus sonos e ilusións.

29 de decembro de 2014 | 12:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.