Cancélase a función de Las dos bandoleras no Teatro Colón por problemas de sáude

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A función de Las Dos Bandoleras, prevista para o vindeiro venres 19 de decembro ás 20:30 h cancélase por causas alleas ao Teatro Colón. Aquelas persoas que adquirisen entradas para ver o espectáculo poden pedir a devolución do importe pola mesma canle pola que realizaron a compra.

A produtora do espectáculo, Factoría Escénica Internacional, acaba de informar que cancela a xira do espectáculo por problemas de saúde dunha das actrices protagonistas. Macarena Gómez atópase en estado de xestación e por prescrición médica precisa gardar repouso, ante a imposibilidade da súa continuación coa xira a produtora suspende as funcións previstas.

Aquelas persoas que adquirisen entradas para o espectáculo poden pedir a súas devolución a través da mesma canle de compra: ou ben nos despachos de billetes do Teatro Colón, Praza de Ourense ou Centro Sociocultural Afundación (Cantón Grande, 8), ou a través do teléfono de Servinova 902 504 500 para aquelas persoas que as adquirisen a través deste portal.

O Teatro Colón lamenta os inconvenientes que esta cancelación poida ocasionar e expresa os seus mellores desexos para a actriz Macarena Gómez.

4 de decembro de 2014 | 13:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.