Campaña de Nadal na Praza de Abastos de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

A Praza Abastos de Marín pon en marcha a campaña de nadal, mediante a cal se repartirán 10.000 rifas entre aqueles clientes que realicen algunha compra en calquera dos postos asociados. Unha vez cumplimentadas, deberán depositalas na urna habilitada para tal fin. O 22 de decembro ás 13 horas, celebraremos o sorteo de 8 Cestas de Nadal.

Por outra banda, con motivo destas datas, a Asociación da Praza de Abastos de Marín decorou os postos asociados para dotar da praza dun ambiente especial. E por último, informar de que xa está operativa a páxina web da Praza de Abastos, na cal se atopa información sobre os postos asociados así como sobre as campañas de dinamización que poñemos en marcha durante o ano. 

10 de decembro de 2014 | 16:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.