Campaña de abonados para a segunda volta do Santiago Futsal
O Santiago Futsal abriu xa a campaña de abonados da segunda volta co obxectivo de seguir aumentando a súa masa social. A día de hoxe o club conta con 1254 abonados, polo que desde a directiva faise un chamamento aos afeccionados ao fútbol sala para que fagan o seu abono e apoien a un equipo que demostrou ter capacidade para superar calquera adversidade e que a nivel deportivo mantén unha liña ascendente desde o inicio de tempada.
Cabe destacar que os prezos das entradas manteranse nesta segunda volta, pero os abonados volverán ter a posibilidade de sacar dúas entradas de adulto co seu carné de abonado ao prezo de 5€ cada unha, no canto da 10€. Así, os prezos e categorías establecidos para esta segunda volta son os seguintes:
Adulto: 35€
Reducida: 25€ (maiores de 65 anos, universitarios menores de 25, con Carné Xove, Parados de máis de 6 meses, xogadores da Agrupación de Veteranos ou xogadores federados)
Xuvenil (de 13 a 18 anos): 10€
Infantil (menores de 13 anos): 5€
Empresa (5 carnés): 125€
Restan aínda 8 partidos como local, entre os que destacan o enfrontamento con Elpozo Murcia, FC Barcelona, e o derbi contra o Prone Lugo AD. O calendario para o que resta de tempada é o seguinte:
J 15 – 19/12/2014 – Santiago Futsal – Palma Futsal
J 16 – 04/01/2015 – Santiago Futsal – Magna Navarra
J 18 – 16/01/2015 – Santiago Futsal – Elpozo Murcia
J 20 – 30/01/2015 – Santiago Futsal – Prone Lugo F.S.
J 22 – 13/02/2015 – Santiago Futsal – Xaén Paraíso Interior
J 25 – 06/03/2015 – Santiago Futsal – Montesinos Jumilla
J 27 – 03/04/2015 – Santiago Futsal – FC Barcelona
J 29 – 17/04/2015 – Santiago Futsal – Peñíscola Adegas Dunviro











