Camiñada solidaria Tui-Valença-Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTui
A-
A+

Este domingo, 28 de decembro, ás 10.00 horas españolas, dará comezo a III Camiñada Solidaria Tui-Valença, organizada polo Club AndaTui Rego da Pedra, en colaboración co Concello de Tui e con apoio dos Bombeiros Voluntarios de Valença.

Esta terceira edición terá a súa saída dende o palco da música de Tui, no Paseo da Corredoira, e como o ano pasado, terá xeito solidario, xa que os participantes deberán achegar alimentos non perecedoiros que serán doados a asociación asistencial SOS Baixo Miño.

Dende o Concello de Tui felicitan ao Club AndaTui Rego da Pedra por esta iniciativa solidaria, así como animan a tódolos cidadáns da Eurocidade a participar nesta camiñada.

22 de decembro de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.