Caballero anuncia unha acción cultural notable para abrir en febreiro o Centro de Arte Fotográfica de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Vigo ▼
A-
A+
Caballero na visita ao Centro de Arte Fotográfica de Vigo

Caballero na visita ao Centro de Arte Fotográfica de Vigo

Caballero visitou este luns o futuro Centro de Arte Fotográfica de Vigo, que o goberno local prevé inaugurar en febreiro cunha actuación “moi notable”, unha “acción cultural da maior importancia” coa que “queremos que toda a cidade veña”, indicou. O rexedor eloxiou a “rehabilitación” do edificio e o traballo da tenente de alcalde, Carmela Silva, responsable da área de Cascos Históricos.

O alcalde valorou a próxima apertura do centro como “un logro da maior importancia” para a cidade xa que supón a reforma dun novo edificio no Casco Vello, que definiu como unha “xoia da rehabilitación”.

22 de decembro de 2014 | 17:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.