Caballero acompaña a García Tejerina na visita á mostra “Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVigo
A-
A+
Visita á mostra

Visita á mostra

O alcalde participou este martes na visita oficial realizada pola ministra de Agricultura, Alimentación e Medioambiente á exposición promovida por Anfaco no seu 110 aniversario, en colaboración co Concello de Vigo, na Casa das Artes. o secretario xeral de Anfaco guiou ás autoridades pola mostra, coa presenza tamén do presidente da Xunta de Galicia.

“Vigo, a cidade que xurdiu da industria conserveira” está exposta na Casa das Artes desde o pasado 7 de novembro e ata o 21 de decembro, unha aproximación á pegada que deixou a conserva de peixe e marisco na configuración viguesa.

O alcalde, Abel Caballero, participou na visita oficial que a ministra, Isabel García Tejerina, realizou ao centro museístico vigués, en compañía do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e do secretario xeral de Anfaco, Juan Manuel Vieites, quen guiou o percorrido.

A documentación que conforma a exposición procede na súa maior parte dos fondos do Arquivo Pacheco e o Concello de Vigo organiza visitas guiadas para grupos, con reserva previa no 010, nas mañás dos martes e xoves (entre 10 e 30 persoas de asociacións, centros escolares, etcétera), e tamén visitas para o público presenta na sala (ás 19 horas os venres e sábados e ás 12 horas os domingos e festivos).

2 de decembro de 2014 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.