publicidade hoxe

Cabalgata de Reis en Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarín
A-
A+

Como todos os anos, os reis magos visitarán Marín o día 5 de xaneiro. Os nenos que queiran acompañalos na cabalgata, teñen que anotarse na alcaldia do Concello a partir do martes 16 desde as 08:00h. Tamén poderán facelo a través do correo electrónico : adjuntoalcaldia@concellodemarin.es, onde terán que enviar os seguintes datos; nome do neno, idade, responsable e un teléfono de contacto. Os nenos e adultos que acompañen ás carrozas irán disfrazados con motivos do Nadal.

Este ano, ademais das carrozas de Gaspar, Melchor e Baltasar, irá unha carroza acompañando con nenos do Ateneo Santa Cecilia á que se unirán tamén a carroza da Asociación de Trompos os Pes, a carroza da Asociación Amigos dos Rapaces e outra do Ampa a Laxe.

15 de decembro de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.