+Boavila retira 20 valos publicitarios de distintos espazos urbanos pontevedreses
O Concello de Pontevedra, a través do programa +Boavila, realizou nestes últimos meses unha campaña de retirada de valos publicitarios en distintos puntos do centro da cidade.
Nunha primeira intervención retiráronse 20 unidades, algunhas delas tan significativas como as da urbanización de Campolongo ou a das pontes das Correntes ou de Monte Porreiro.
Un dos propósitos do programa +Boavila é mellora a estética xeral da cidade realizando pequenas actuacións que permiten mellorar a imaxe da cidade. A retirada dos valos e cartelería publicitaria é unha destas actuacións.
Os valos retirados son:
• 3 unidades no campos universitario da Xunqueira
• 2 na Illa do Cobo
• 1 no Recinto Feiral
• 1 Na parcela de Tafisa
• 2 en Fernández Ladreda (urbanización de Campolongo)
• 2 na avenida de Marín (xunto a parada do autobús)
• 2 na avenida de Bos Aires, na ponte de Monte Porreiro
• 2 en Médico Ballina coa nova estrada a Monte Porreiro
• 2 na igrexa de Lérez, pola estrada a Monte Porreiro
• 2 na praia fluvial
• 1 na ponte das Correntes.
O investimento para a retirada destes valos publicitarios foi de 6.000 euros.











