Benestar Social de Ferrol conmemora mañá o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A concelleira de Benestar Social do Concello de Ferrol, Rosa Martínez Beceiro, presentou hoxe os diferentes actos con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que este ano se celebra baixo o lema “O desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía”. Este acto de conmemoración, organizado pola Concellería de Benestar Social, terá lugar mañá nas instalacións do CAMF e estará aberto a toda a cidadanía. A edil ferrolá estivo acompañada do presidente de ASCM, Ángel Garate; e do director do CAMF, Fernando López; entidades que colaboran na organización destes actos do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Martínez Beceiro considerou fundamental o acceso ás novas tecnoloxías para a participación plena e igualitaria das persoas con diversidade, ao tempo que manifestou o apoio da Corporación ao mensaxe emitido polo secretario xeral de Nacións Unidas que reivindica as políticas a prol das persoas con diversidade. “Fagamos todo o necesario para asegurar que as políticas, os programas, as directrices e as tecnoloxías do século XIX estean ao alcance das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas perspectivas e experiencias”, leu a concelleira de Benestar Social. A edil Rosa Martínez quixo reiterar o apoio do Goberno Municipal aos colectivos de persoas con diversidade funcional e as súas iniciativas. Neste senso, lembrou que os Presupostos Xeral do Concello de Ferrol para o vindeiro ano recollen convenios nominativos coas entidades, así como unha partida económica de 208.000 euros para mellorar a accesibilidade da cidade “que permitirá romper coas barreiras arquitectónicas”, dixo Rosa Martínez.

Programación de actividades

En canto aos actos conmemorativos de mañá, se realizará unha xornada de portas abertas nas instalacións do CAMF que comezará ás 12:15 horas cun concerto de música a cargo de usuarios da entidade. Así mesmo, ás 18:30 horas se proxectará un vídeo no que participan diferentes colectivos con diversidade que pretende dar un mensaxe de reivindicación en positivo. Posteriormente, e tamén nas instalacións do CAMF, a asociación ASCM representará a obra de teatro “A familia Rufo” na que participarán persoas con todo tipo de discapacidade e que abordará estereotipos e comportamentos cara a situación cotiá das persoas con diversidade. O presidente da entidade, Ángel Garate, destacou o carácter humorístico e sentimental da representación teatral “que reflexa unha familia con diferentes inquedanzas nas distintas xeracións”. Ademais, haberá unha mesa redonda.

2 de decembro de 2014 | 17:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.