Belén do Campo reúnese coa Asociación West Galicia para coñecer as súas necesidades

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Belén do Campo na reunión coa Asociación West Galicia

Belén do Campo na reunión coa Asociación West Galicia

A delegada territorial da Xunta na provincia, Belén do Campo, mantivo esta mañá a primeira reunión con representantes da Asociación West Galicia, encabezados pola súa presidenta, Carmen Blach. Trátase dunha entidade de recente creación para prestar apoio ás persoas, e ás súas familias, afectadas polo síndrome de West, así como outras enfermidades raras.

A delegada territorial trasladoulles o seu interese polas necesidades do colectivo, así como polas iniciativas que desenvolve a entidade para a mellora da vida dos doentes. Do Campo aproveitou asimesmo para facer un recoñecemento aos familiares destes pacientes e aos profesionais das asociacións nas que se integran, “cos que é necesario colaborar”. Do mesmo xeito, expresou a súa vontade de traballar estreitamente para atender as demandas dos afectados nos eidos sociosanitario e educativo.

A reunión de hoxe enmarcase na rolda iniciada por Do Campo tres anos atrás buscando un maior diálogo coas organizacións de labores sociais na provincia, acercándoas así ao Goberno Galego para traballar na mellora de vida e o benestar dos cidadáns.

9 de decembro de 2014 | 11:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.