Asomamos ameniza coa súa música o Nadal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

As agrupacións musicais de ASOMAMOS, Asociación de Maiores, Xubilados e Pensionistas de Mos, dispóñense a animar o Nadal en residencias de maiores e outros centros similares. Deste xeito, actuarán na Residencia Irmáns Camilos de Teis, Vigo, o día 10 de decembro co Grupo Cantaruxía de percusión e cantos populares, e o 11 de decembro co Orfeón Asomamos; e no asilo de Tui o 16 de decembro co Orfeón Asomamos e o día 17 co Grupo Cantaruxía.

Ademais, o Orfeón Asomamos participará nun concerto benéfico a favor de Cáritas, organizado pola Comunidade Parroquial de Sanguiñeda, que se celebrará o vindeiro luns, día 8 de decembro, ás 18.00 horas na Igrexa de Santa María de Sanguiñeda. Nese mesmo concerto cantará tamén a Coral Polifónica Ponte das Febres.

5 de decembro de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.