ASEM Galicia celebra no Auditorio de Galicia de Santiago unha gala a favor da entidade
A Asociación de Esclerose Múltiple (ASEM Galicia), entidade que forma parte de COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) organiza unha gala benéfica a favor da entidade no Auditorio de Galicia de Santiago, este sábado, 6 de decembro, ás 19 horas.
A gala, na que colaboran a Deputación de A Coruña, o Auditorio de Galicia e o concello de Santiago, será presentada pola xornalista Fátima Rodríguez, e contará coas actuacións como a da compañía de teatro Artellar, o grupo musical Eire, o mago e ilusionista Juan Garabal e o coro de amigos do conservatorio profesional de Santiago de Compostela.
A entrada custará 5 euros, os menores de 10 anos entrarán gratis, e aproveitarase o evento para facer entrega do Premio SOLIDARIO ASEM.











