As Xuventudes Socialistas de Asturias e Galicia esixen unha solución inmediata para Alcoa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

Xuventudes Socialistas de Asturias (JSA) e Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) emitiron este xoves unha nota de prensa na que esixen unha “solución inmediata” para Alcoa, compañía que anunciou despedimentos nas súas plantas de Avilés e A Coruña tras non quedar satisfeita na última poxa da enerxía.

Os novos socialistas esixiron ao Goberno central e á multinacional que “se senten a falar” para alcanzar un acordo que salve os postos de traballo de ambas as dúas plantas , e que pasa, ao seu xuízo, por corrixir o “erro” que supuxo a última poxa eléctrica.

“Nun contexto no que é tan difícil a creación de novos empregos, non podemos permitirnos destruír o xa existente, e moito menos nun sector tan esencial para o noso país como a industria”, aseguran Aitor Bouza e María Vallina, secretarios xerais de XSG e JSA respectivamente.

O secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, instou o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo a que “deixe de xogar ao escondedoiro” e “poña as pilas neste tema, xa que o problema de Alcoa non é de agora e como se siga así acabará pasando como o naval”.

4 de decembro de 2014 | 18:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.