As imaxes de 19 cativos son premiados polo xurado do concurso de postais de Nadal en Teo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+
Primeiro premio

Primeiro premio

O xurado do concurso de postais de nadal Concello de Teo premiou o talento e imaxinación de dezanove nenos e nenas de entre os case 1.000 participantes. A pasada semana fíxose no Concello un acto público de entrega de agasallos no que participou o alcalde de Teo, Martiño Noriega.

Na acta do xurado destácase a cantidade de postais presentadas ademais de agradecer a implicación “aos participantes e ao profesorado dos centros escolares”. Tamén se anima aos nenos e nenas a “continuar transmitindo a través dos debuxos e das cores a súa visión da realidade”.

Este concurso recolle tres categorías nas que o xurado elixiu un primeiro e segundo premio e varios accésits. A postal gañadora da categoría infantil, a de Pablo Millares, de 5 anos e estudante do CEIP Os Tilos, xa ilustra a cartelería da programación lúdica de Nadal do Concello de Teo.

O resto dos premiados foron os seguintes. Na categoría A, educación infantil (de 0 a 6 anos) obtivo o segundo premio Daniel Millares do CEIP Os Tilos e accésits Lucía Tarrío, Lucía Buján e Xoel García da EIM A Ramallosa; Roi Fernández da escola do Raxó, Paula Ferro da escola de Recesende, Tania Mera da escola da Casalonga e a aula de 2 a 3 anos da EIM de Calo.

Na categoría B (1º, 2º e 3º de primaria) recibiu o primeiro premio Roi Rial do CEIP A Ramallosa e o 2º premio Carla Feros do CEIP A Igrexa Calo. Os accésits foron para Lucas Carbia e Daniel Baños do CEIP A Ramallosa e para Sara Rodríguez.

Na categoría C (4º, 5º e 6º de primaria) obtivo o primeiro premio Manuela Pita do CEIP Os Tilos, o segundo Sabela Cambón do CEIP A Igrexa Calo e os accésits Martín Carbia e Alicia Abraldes do CEIP A Ramallosa e Uxía Amado e María Díaz do CEIP Os Tilos.

15 de decembro de 2014 | 16:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.