As empresas e colectivos máis representativos de Vilagarcía interésanse polo servizo de asesoramento sobre conciliación
As empresas e colectivos máis representativos de Vilagarcía e a súa contorna asistirán esta tarde ao acto convocado polo Concello para presentarlles o novo servizo que lles pon a súa disposición a efectos de asesoralos sobre a posta en marcha e desenvolvemento de Plans de Conciliación nos seus respectivos ámbitos. A Área de Igualdade do Concello impulsa esta medida no marco do Programa europeo “Equilibrio/Balance” no que Vilagarcía participa dende hai anos.
A desta tarde é a primeira reunión da Acción Integral de sensibilización e formación para impulsar a aplicación de medidas de conciliación no tecido produtivo da cidade. O Concello invitou ao acto a diversas organizacións empresariais e de autónomos, tales como FECA, AUGA, Zona Aberta, Comerciantes da Praza de Abastos, Hostalería, sector mexilloeiro, Centro Comercial e Cámara de Comercio; así como as organizacións sindicais UGT, CCOO y la CIGA.
Tamén se invitou a preto de 30 empresas representativas da realidade productiva de Vilagarcía e a súa contorna, como Autoridade Portuaria, Bata, Lar, La Residencia de Ancianos, Cefrico, Clece, Clesa, Larsa, Castrosúa, Cespa, Bricoking, Ferrokey, Espina y Delfín, Tune- Eureka, MCDonals, Grupo Inditex, Salgado, Automoción La Junquera o Empresa Pereira, y supermercados como el Eroski, Familia, Día, Lidl, Mercadona, Gadis y Froiz.
Xa confirmaron asistencia, cos reponsables de Recursos Humanos e algún membro da dirección, firmas como Pereira, Autoridade portuaria, residencia Divina Pastora, Feiraco-Clesa, Cefrico, Cespa, Zona Aberta, Espina e Delfín, UGT e a Asociación BATA.
O alcalde, Tomás Fole e o subdirector de Estudios e Cooperación do IMIO, Mariano Page, presidirán o acto.
Na reunión de hoxe será presentaráselles as accións que se ofertan a través deste servizo e as ferramentas que se poñen a súa disposición para impulsar as medidas de conciliación, como a formación on line asesoramento e asistencia técnica ás entidades participantes á hora de facer un diagnóstico de partida das súas empresas/organizacións e tamén para poñer en práctica medidas e Plans de Conciliación ou Igualdade.
Tamén se lles asesorará e prestará axuda para tramitar candidaturas a diversos premios ou distintivos autonómicos e nacionais; crearase un portal WEB para o intercambio de experiencias e difundiranse as medidas postas en marcha polas empresas e organizacións.
Aparte do carácter informativo e contextualizador da acción dentro do Proxecto Equilibrio, a xuntanza servirá como primeira toma de contacto coa realidade empresarial vilagarciá en materia de conciliación e igualdade e para explicar aos participantes os beneficios da conciliación na cultura de organización.
A continuación exporase polo miúdo en que consiste o Plan de Formación y Asistencia Técnica que se ofrece, e por último, terá lugar a presentación do portal WEB a través do que se impartirá a formación on-line e a asistencia técnica titorial.
A participación nesta primeira reunión non é vinculante á participación na acción. Despois desta primeira reunión, as organizacións e empresas que o desexen, firmarán un acordo de adhesión para comprometerse coa iniciativa.
Independentemente dos colectivos convocados para este primeiro encontro. A Área de Igualdade lembra que a proposta está aberta a todas aquelas outras entidades interesadas en participar no proxecto. Para informarse ou para adherirse deben dirixirse á área de Igualdade, directamente ou a chamando por teléfono ao número 986099200, extensións 107 ou 109.











