As empresas dispoñen ata o 21 de xaneiro para presentar as súas ofertas para o campo de fútbol de Bamio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O período de licitación para a construción do campo de fútbol de herba artificial de Bamio comezou oficialmente o pasado sábado, unha vez que foi publicado o último dos dous anuncios oficiais, neste caso no boletín oficial da provincia. As empresas teñen ata o 21 de xaneiro para presentar as súas ofertas, baixo un presuposto de licitación de 475.426,18 € e a premisa de que as obras teñen que realizarse en tres meses. O prego de bases, os planos e o presuposto poden ser xa consultados no “perfil do contratante”, sección “obras”, do portal municipal www.vilagarcia.es.

As obras de mellora no campo de fútbol de Bamio consisten basicamente en dotar ao actual campo de céspede artificial, mellorar a iluminación do recinto e dotalo de sistema de rega e drenaxe e distintos elementos para a práctica deportiva como porterías para fútbol 11 e fútbol 7 e bancadas para os equipos.

Os licitadores poderán presentar variantes ou melloras ao proxecto, redactado por unha empresa especializada en recintos deportivos deste estilo, e en concreto sobre a mellora da acometida eléctrica e a instalación dun marcador electrónico.

29 de decembro de 2014 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.