As Cancelas sorteará a cesta de Nadal máis grande de Santiago valorada en 6.500 euros

Escaparate As Cancelas
Todos os visitantes que efectúen unha compra por valor superior a 10 € en calquera dos establecementos do centro comercial As Cancelas entre o 29 de novembro e o 21 de decembro, entrarán nun sorteo para levar a casa o Gran Escaparate de Nadal, situado na Planta Baixa, composto por unha gran variedade de produtos e valorado en 6.500 €.
Serán un total de de 38 agasallos entre os que destacamos produtos tecnolóxicos de Carrefour como unha Tv LED de 60″ Sharp, unha consola PS4 con xogos, unha cámara Canon Powers, barra de son e blu- ray Samsung, así como unha Gran cesta de produtos Gourmet. Destacamos tamén os cartóns regalo de 200 de Primark, Adidas, Orchestra e Amichi, 1 ano gratis de cine en Cinesa, sesións de depilación gratis en Centros Único, reloxos, perfumes, xoguetes, libros, dvds, un xogo de maletas de Paco Martinez, ferros do pelo Ghd e decoración para o fogar de Fox Home, entre outros.
Para poder optar ao premio bastará con presentar os seus tickets de compra no Punto de Atención ao Cliente xunto co Cartón Premium das Cancelas, obtendo deste xeito unha participación por cada 10€ de compra. A persoa cuxo número de participación coincida cos 4 últimos números na orde exacta do Primeiro Premio da lotaría de Nadal do 22 de decembro será a afortunada. Se nos 7 días seguintes ao sorteo non aparecese ningún gañador o proceso repetiríase co Sorteo do Neno.











