As Cancelas inaugura o seu belén tradicional

Belén tradicional nas Cancelas
O belén, obra da Agrupación Folclórica Ximiela, instalarase na Planta Baixa. Ademais das 60 bonecas de porcelana que o compoñen, consta de construcións tamén feitas a man que representan situacións diversas da vida cotiá dos nosos antepasados.
Agrupación Folclórica Ximiela
A Agrupación Folclórica Ximiela xorde en 1988 no seo da A.N.P.A. do Colexio Público de Louro, coa intención de resucitar o interese polas nosas tradicións, xa esquecidas pola xente máis nova do pobo. O grupo está composto por máis de 60 membros de entre 3 e 70 anos de idade, divididos en tres grupos de baile, unha banda de gaitas e un grupo de pandereteiras.











