As Cancelas entrega o seu escaparate de Nadal valorado en 6.500 euros

Entrega do escaparate das Cancelas
Osel Fernández González, da localidade de Mos, foi o afortunado posuidor da participación gañadora, cuxo número coincide coas catro últimas cifras do primeiro premio da lotaría de Nadal, o 3.437.
O mozo pontevedrés levouse a semana pasada á casa o Grande Escaparate de Nadal das Cancelas, composto por unha gran variedade de produtos e valorado en 6.500 €.
O escaparate compoñíase dun total de 38 regalos entre os que destacaban produtos tecnolóxicos de Carrefour como unha TV LED de 60″ Sharp, unha consola PS4 con xogos, unha cámara Canon Powers, unha barra de son e blu- ray Samsung, un lote de produtos Gourmet, tarxetas regalo de 200 € de Primark, Adidas, Orchestra e Amichi, 1 ano gratis de cine en Cinesa, sesións de depilación gratis en Centros Único, reloxos, perfumes, xoguetes, libros, Dvd´s, un xogo de maletas de Paco Martínez, pranchas do pelo Ghd e decoración para o fogar de Fox Home, entre outros.











