Arranca o Campus Tomás de Dios
Aproxímase o Nadal, pero o fútbol sala non descansa na capital galega. O Santiago Futsal organiza un Campus de Nadal de fútbol sala dirixido polo ex entrenador, e actual embaixador do clube, Tomás de Dios.
O Campus de Nadal Tomás de Dios preséntase como un campus que servirá como medio de inserción social, posto que haberá sesións de adestramento con nenos con discapacidades físicas e intelectuais.
O Campus celebrarase os días 22 e 23 de Decembro cun horario de mañás de 10h a 14h e de tardes de 16.30h a 19.30h.
O prezo será de 35€ para os nenos que non xoguen nalgún equipo das diferentes categorías do Santiago Futsal, e de 20€ para xogadores do base do clube. Coa inscripción os nenos recibirán unha camiseta e ofreceráselles merenda.
Para calqueira dúbida ou realización de inscripcións, enviar correo electrónico a administracion@santiagofutsal.com, chamar ao número de teléfono 981 115 038 ou acudir ás oficinas do Santiago Futsal (Rúa Diego Bernal s/n, Multiusos Fontes do Sar).
Dito Campus de Nadal englóbase nas accións que Tomás de Dios está levando a cabo para promocionar o clube, así como o fomento da filosofía e metodoloxía de traballo que o clube leva implementando nos últimos 10 anos.
Tomás de Dios ofrecerá diferentes sesións informativas e de adestramentos durante todo o mes de Decembro por toda a xeografía española:
16 Decembro- Universidade Pontificia de Salamanca- Sesión informativa e ponencia
17 Decembro- Club Fútbol Sala Salamanca- Sesión informativa e ponencias e adestramento con xogadores da base e seniors
18 Decembro- Club Torrejón Sala (Madrid)- Sesión informativa e ponencias e adestramentos con xogadores da base e seniors
19 Decembro- Club La Paloma (Madrid)- Sesión informativa e ponencias e adestramentos con xogadores da base e seniors
27 Decembro- Alicante- Sesión informativa e ponencias
28 Decembro- Alboralla (Valencia)- Sesión informativa e ponencias











