Arranca en Fene a II edición do Concurso de Decoración Navideña en comercio e hostelería

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFene
A-
A+

Despois de que o pasado venres o Concello iluminase as principais rúas e vías coas cores do Nadal co acendido do tradicional alumbrado, mañá martes dará comezo unha iniciativa máis, tendente a potenciar ese ambiente navideño que estimule as compras no comercio tradicional e anime a vecinos e veciñas a disfrutar nas rúas e na hostelería destas festas. Será a segunda edición do Concurso de Decoración navideña que organiza a Concellería de Promoción Económica. Os negocios inscritos, e que se disputarán o orgullo de contar coa mellor decoración do seu escaparate, son os seguintes: floristería Azalea, Pastelería Martínez, Cafetería Fussion, Cafetería Lembranza, A Xoaniña, tenda de labores, Librería Corazón al Sur e floristería Jimena.

Dende mañá mesmo, e por segundo ano consecutivo, serán os clientes os que elixan aos gañadores do certame votando polo seu escaparate preferido. Ese periodo de votacións estará aberto ata o próximo 5 de xaneiro.

Así mesmo, dende o Concello lémbrase que se estableceron tres modalidades de participación: comercio, hostelería e panaderías, pastelerías, librerías e quioscos. Así, os clientes actuarán como xurado, votando a mellor decoración navideña. Para iso, tan só teñen que cubrir unha papeleta que atoparán nos establecementos participantes e depositala nas urnas habilitadas a tal efecto. Dita papeleta tamén lles dará dereito a participar no sorteo dunha serie de premios, a celebrar unha vez remate o concurso: tres premios de 20 euros cada un para consumir nos locais adheridos á Asociación de Comercio, Hostalería e Servizos de Fene “O Cruceiro” (por cortesía de dita asociación); dez lotes consistentes nunha edición Navideña de Estrella Galicia (que cede esta firma galega), e dous lotes de productos que achega Meigas Fora. Os gañadores recibirán un diploma acreditativo.

9 de decembro de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.