Arquívase a denuncia contra Orozco pola distribución do complemento de produtividade entre o persoal municipal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugo
A-
A+

O Concello de Lugo comunica que a Xuiza de apoio do Xulgado de instrucción número 1 de Lugo vén de notificar unha providencia pola que acorda o arquivo dunhas dilixencias abertas por unha denuncia que deu lugar á imputación do Alcalde da nosa cidade, José López Orozco, no ano 2011.

O arquivo da denuncia contra o Alcalde pola distribución do complemento de produtividade entre o persoal municipal no ano 2010 prodúcese logo de que a Audiencia Provincial desbotara, no mes de novembro, un recurso dos denunciantes contra o pronunciamento no mesmo sentido da Xuiza.

A Xuiza de apoio do Xulgado de instrucción número 1 xa acordara o arquivo da denuncia no pasado mes de xullo, pronunciamento coincidente co criterio expresado polo Ministerio Fiscal que en tres ocasións declarou que non existía ningún tipo de delicto no comportamento do Alcalde.

O Concello felicítase polo arquivo da devandita denuncia e polo feito de que todas as instancias xudiciais que se pronunciaron neste caso corroboraran o correcto proceder do Alcalde de Lugo.

11 de decembro de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.