Apertura do prazo de inscrición nun curso para aprender a elaborar bolsos de papel

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, comunica que está aberto o prazo de inscrición no curso Elabora o teu bolso de papel.

Este curso celebrarase os días 20 e 27 de decembro e o 3 de xaneiro na Casa da Xuventude dende as 11:30 ás 13:00 horas.

Para participar nesta actividade hai que inscribirse gratuitamente na Casa da Xuventude ata o venres 19 de decembro.

15 de decembro de 2014 | 18:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.