Amplíase a zona de lecer infantil do parque da Alameda do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Parque da Alameda do Carballiño

Parque da Alameda do Carballiño

O concello do Carballiño colocou nestes días novos elementos na zona da Alameda, para ofrecer unha maior diversidade de xogos aos nenos e nenas da vila. En concreto recuperáronse os elementos que se eliminaron tras a última remodelación do parque da Alameda, para colocalos na zona norte da mesma, xunto á caseta de información tuística. Á vez que se colocaban estes elementos de xogo recuperados e restuarados, contratouse a unha empres para que colocase o chan, tal e como marcan as normas de seguridade da comunidade europea.

Así, neste momento, a Alameda conta con tres zonas diferenciadas para os xogos, Unha primeira consistente nun campo de futbol e baloncesto para nenos até os 12 anos. Outra zona intermedia para nenos pequenos, até os 9 ó 10 anos, e a últiam delas, con elementos máis do gusto dos nenos e nenas maiores, ao tratarse de xogos de maior habilidade e equilibrio.

Esta terceira zona estaba a ser moi demandada por pais e nais que vían como os seus fillos algo maiores non sabían a que xogar, mentres os pequenos tiñan máis xogos para eles. Así mesmo lembraba o edil de Obras que “para ofrecer a todos os nenos, de cualquera idade, un espazo para a diversión, tamén creamos o parque da Veracruz, onde poden gozar os máis pequenos de todos”.

15 de decembro de 2014 | 20:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.