Agustín Hernández reuniuse co director de Estratexia da compañía Vueling

Agustín Hernández co director de estratexia de Vueling
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, mantivo esta mañá unha reunión de traballo co director de Estratexia de Vueling, Fernando Estrada, na que abordaron a implantación da compañía no aeroporto de Lavacolla. Hernández destacou os mais 400.000 pasaxeiros internacionais acadados este ano polo aeroporto compostelán, cifra á que contribuíron en boa medida os voos a Roma, Bruxelas, Amsterdam, París e Zúrich operados por Vueling.
Segundo o alcalde, a compañía trasladoulle que continuará coa súa aposta internacional por Lavacolla, tendo en conta os bos resultados obtidos por estas conexións e o seu nivel de ocupación.











