Agustín Fernández pide respecto pola investigación ao PP de Ourense
O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, pediu “respecto” cara á presunción de inocencia debido á investigación polo suposta financiamento ilegal do PP ourensano, se ben recordou que no seu caso e doutros concelleiros socialistas da cidade recibiron “insultos” e viviron un “auténtico martirio” por ir declarar como imputados.
En rolda de prensa, o rexedor ourensano recordou que no pleno da cidade se escoitaron “insultos” e os edís socialistas recibiron un “trato despectivo”.
“Neste momento, o que me pide o corpo, é reflexionar todos”, enunciou o rexedor, quen engadiu que os populares teñen dereito á “presunción de respecto e a que non se causen danos irreparables”.
Non obstante, quixo botar “a vista atrás” e lamentou que el e as súas compañeiras Marga Martín e Áurea Soto tiveron que aguantar moitas cousas”. Ademais, defendeu que o concelleiro do BNG Xosé Somoza “tivo que irse porque estivo dous meses como director xeral e probablemente non sabía o que estaba a asinar e o xuíz o chamou” a declarar como imputado, para que fose con avogado. “É subvertir a vontade popular”, considerou.
Deste xeito, o alcalde de Ourense recomendou ás persoas ás que a les “está a iniciar un proceso de investigación polo financiamento” do seu partido, “recorden o que dixeron neste pleno”. “E pido para eles o que non se nos deu a nós: Respeto”, abundou, antes de incidir en que foi “reprobado e insultado”.
Ademais, Agustín Fernández indicou que as imputacións que eles tiveron se derivaron de denuncias “infundadas” co fin de conseguir un “corredor xudicial e derrubar un goberno municipal”. “Nada máis”, apostilou, antes de recalcar que os “danos son irreparables”.
Así mesmo, o alcalde de Ourense defendeu que “todo o mundo necesita presunción de inocencia” e remarcou que xa van “sete-cero”, é dicir, que se foron arquivando case todas as causas e que, menos unha referida á concelleira de Urbanismo (polas obras da praza de San Antón), o resto non pasaron de imputacións preliminares.











