Afal Ferrolterra aclara que non existe vinculación algunha con Afal Contigo
Ante as últimas noticias aparecidas nos medios de comunicación en relación á entidade AFAL Contigo, AFAL Ferrolterra vese obrigada a aclarar que non existe ningún tipo de vinculación nin relación entre ambas as dúas asociacións máis que a triste coincidencia da súa denominación. AFAL Ferrolterra (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias) ten a súa sede na cidade de Ferrol, bisbarra na que leva desenvolvendo o seu labor dende 1997. A nivel autonómico, AFAL Ferrolterra forma parte da Federación Galega de Asociacións de Familiares de Enfermos de Alzheimer -FAGAL- e, a nivel estatal, da Confederación de Asociacións -CEAFA-. En todo caso, AFAL Ferrolterra quere deixar claro que o labor que leva a cabo é meramente asistencial, a través dos centros de día que xestiona, e en ningún caso tutelou ou non tutela ningún usuario.











