ADIF realizará, entre o 9 e o 12 de decembro, traballos de mantemento en varios pasos a nivel de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

A concellería de tráfico informa que persoal de ADIF vai realizar traballos de mantemento en tres pasos a nivel da cidade, entre as 22:00 h do día 9 e as 3:00 h do día 12 de decembro.

Para a execución destes traballos, que se levarán a cabo nos pasos a nivel de A Florida, A Chacinera e o Reboredo, resulta necesario pechar os citados pasos ó tráfico de vehículos. Os traballos executaranse de madrugada, causando así o menor trastorno posible no tráfico rodado.

O paso a nivel de A Florida permanecerá pechado entre as 22:00 h do día 9 e ata as 3:00 h do día 10 de decembro.

O paso a nivel de A Chacinera (Francisco Moure) permanecerá pechado desde as 22:00 h do día 10 e ata as 3:00 h do día 11 de decembro.

O paso a nivel do Reboredo permanecerá pechado desde as 22:00 h do día 11 e ata as 3:00 h do día 12 de decembro.

A concellería de tráfico estableceu itinerarios alternativos. No caso de A Florida serán pola rúa Chamoso Lamas e Rioseco, ou por Benito Vicetto e Molinos de Antero; na Chacinera serán por catro Ventos e Benito Vicetto; e no Reboredo por Benito Vicetto e N-120.

Os traballos consistirán no desmonte do entarimado Strail dos pasos a nivel para proceder á nivelación e alineación de vía. Para a execución destes labores empregarase maquinaria pesada.

Dende a concellería de tráfico pídense desculpas polas molestias que puideran ocasionarse.

7 de decembro de 2014 | 10:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.