ADICAE organiza mesas informativas teatralizadas en Santiago para denunciar os abusos en subministracións
A asociación segue levando a súa Campaña de Orientación ao Consumidor ás rúas das principais cidades españolas para informar os consumidores sobre os seus dereitos en materia de subministracións. Os consumidores contan tamén coa rede de oficinas de ADICAE, onde non só atoparán información sobre os seus dereitos en relación coa electricidade, gas e telecomunicacións, senón que tamén se lle explicarán cales son os medios para reclamar e exercelos de maneira efectiva, ademais do email consultas@adicae.net e o noso formulario online en www.adicae.net. Como parte do proxecto ‘Consumidores 2014: retos e melloras nos seus dereitos á hora de contratar e na súa defensa colectiva‘, que conta co apoio do AECOSAN, estas actuacións previstas, como a de Santiago de mañá xoves, tratan de mellorar a posición dos consumidores nestes sectores dando a coñecer as novidades que se inclúen na última reforma da Lei Xeral de Defensa dos Consumidores e Usuarios.
En 2006, entre electricidade, gas e telecomunicacións, cada fogar español gastaba 1.633 euros, mentres que a finais de 2013 este gasto elevábase a 1.953 euros. Un aumento dun 20% entre 2006 e 2013 en termos absolutos, que implica un sobreesforzo nalgúns casos insustentable para moitas familias. Este aumento no importe das facturas en subministracións implica que, de media, cada familia en España ten que destinar 163 euros mensuais para pagalas, fronte aos 136 que eran necesarios en 2006. Vinte e sete euros máis todos os meses que, en moitos casos, conxúganse cunha diminución de ingresos consecuencia da crise económica que levou a que os fogares españois dispoñan, de media, dun 10% menos de renda dispoñible desde 2008.
Para informar os consumidores sobre todos estes abusos en enerxía, gas e telecomunicacións, a asociación coloca estas casetas, que teñen ademais o obxectivo de sensibilizar aos consumidores acerca da necesidade de defenderse ante estes abusos e minimizar o seu impacto nas economías familiares, ensinándolles as vías de reclamación das que dispoñen para facer valer os seus dereitos e poder xerar así unha corrente de consumidores críticos, responsables e solidarios que estean permanentemente vixiantes fronte ás prácticas abusivas das empresas.











