publicidade hoxe

Actividades infantís dentro da programación de Nadal en Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

O programa de Nadal do Concello continua a súa marcha. Hoxe, pola mañá, tivemos:

-De 10:30 a 11:30 h. no Salón de Actos do Centro Cívico: Xogos Infantís para nenos/as de infantil ata 4º de Primaria. Na mesma participaron 33 nenos/as; esta actividade estaba previsto celebrala na Aula Multideportiva do Concello, e debido ao gran número de inscritos houbo que pasala á Casa de Cultura.

Seguindo coas actividades do Programa de Nadal, mañá martes, 23 de decembro, teremos as seguintes:

-De 11:00 a 13:00 h, na OMIX de Xove, para nenos/as de 3º ata 6º de Primaria, teremos un OBRADOIRO DE MANUALIDADES.

-Ás 20:00 h., no Salón de Actos do Centro Cívico, TRADICIONAL CONCERTO DE NADAL, que porá fin ao Iº Curso de “Música no Nadal”, que organiza a Asociación Prestoxove coa colaboración da E. M. de Música de Xove. A entrada a este Concerto é de carácter totalmente libre e gratuita.

22 de decembro de 2014 | 12:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.