Abel Caballero asegura que xa é candidato á reelección dende hai 4 anos
O alcalde de Vigo, o socialista Abel Caballero, asegurou este martes que el xa é candidato á reelección “dende hai catro anos” e que volverá a selo (para as municipais de 2019) se gaña nas eleccións de maio próximo.
O rexedor olívico fixo estas declaracións en resposta aos medios sobre as palabras do secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, quen sinalou que Caballero está “nervioso” por coñecer cal será o candidato a Alcalde por parte do Partido Popular. O alcalde de Vigo respondeu a esas manifestacións cunha sonora gargallada.
“Nerviosos estarán eles. A min o candidato do PP dáme exactamente igual, pero parece que os que teñen problemas para elixir o seu candidato son eles”, constatou.
“A cidade necesita proxectos a longo prazo e non as improvisacións do PP e o BNG”, subliñou Caballero, quen proclamou que el e o seu goberno local teñen o “apoio masivo” dos cidadáns de Vigo. “Un apoio como seguramente nunca tivo un goberno da cidade en toda a súa historia”, sentenciou.











