publicidade hoxe

A Xunta mellora a seguridade do acceso ao Balneario das Laias cun investimento de 160.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCenlleLocal PortadaOurense
A-
A+
Ethel Vázquez en Cenlle

Ethel Vázquez en Cenlle

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de rematar as obras de mellora do acceso á area termal das Laias, dende a estrada N-120. Segundo sinalou a conselleira Ethel Vázquez, quen supervisou a actuación xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, esta intervención certifica o compromiso do Goberno galego coa mellora da seguridade viaria.

A actuación permitiu ensanchar a plataforma e habilitar un espazo diferenciado para a circulación dos peóns, coa conseguinte mellora da seguridade viaria para o conxunto dos usuarios.

Segundo explicou a conselleira de Medio Ambiente, trátase dunha mellora de acceso a Laias que suporá beneficios para os preto de 1.500 veciños de Cenlle, pero tamén para os usuarios desta coñecida área termal que cada día atrae a ducias de visitantes.

A actuación complétase coa rehabilitación do firme, a mellora dos sistemas de drenaxe para a evacuación das augas pluviais da calzada, a colocación de canalizacións eléctricas e a reposición da sinalización.

A obra executouse en base a un convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o Concello de Cenlle o pasado mes de abril. A Administración autonómica comprometeuse a executar as obras e cofinancialas.

A actuación, que contou cun investimento de 160.000 euros (dos que a Xunta achega o 80% e o concello o 20% restante) desenvolvéronse ao longo dun treito de 470 metros da estrada local de acceso ao balneario de Laias dende a estrada N-120. Segundo recolle o convenio, ao remate da actuación, o municipio ourensán será o responsable da conservación e mantemento, tal e como se recolle no convenio.

Conservación de estradas

Durante a visita, a conselleira explicou que a aposta e o compromiso do Goberno galego pola seguridade viaria amósase tamén hoxe coa publicación no Diario Oficial de Galicia dos contratos de conservación ordinaria e vialidade invernal das estradas de titularidade autonómica nesta provincia de Ourense.
O goberno autonómico investirá neste contrato 21,5 millóns de euros nun prazo de catro anos.

A rede viaria ourensá de titularidade autonómica a conservar mediante este contrato conta cunha lonxitude total de 987 Km.

As tarefas de conservación e explotación de estradas teñen por obxecto o mantemento do patrimonio viario en condicións axeitadas, de xeito que permita unha circulación o mais segura, cómoda e fluída posible.

Para conseguir estes obxectivos, a Administración autonómica debe levar a cabo, entre outras, actuacións que perseguen facilitar ou facer posible a circulación en condicións de seguridade e fluidez (actividades de vialidade), e actividades destinadas a retrasar a degradación ou a corrixir impactos puntuais (actuacións de conservación ordinaria).

Os contratos licitados no día de hoxe suporán un beneficio para os máis de 330.000 habitantes da provincia ourensá.

Principais datos dos contratos que se licitan

Os traballos a realizar poden clasificarse en tres grupos:

Grupo I, que comprende as actuacións necesarias para garantir a vialidade:

– A atención inmediata a emerxencias e incidencias que afectan á circulación (asistencia en accidentes, limpeza de vertidos accidentais de aceites, retirada de árbores, de animais mortos, limpeza de desprendementos, etc.)

– As actividades relacionadas coa viabilidade invernal: tratamento preventivos ou curativos antixeo con maquinaria de extensión de fundente, así coma a retirada da neve ou do xeo con material de empuxe.

– As operacións de vixilancia, diaria ou periódica, para obter información do estado e funcionamento dos diferentes elementos das estradas; inclúese dentro deste grupo tamén, a implantación, seguimento e actualización dun sistema para a xestión da conservación.
Para levar a cabo estas tarefas disponse de persoal con dispoñibilidade as 24 horas ao dia.

Grupo II: Recolle os materiais e/ou medios auxiliares necesarios para complementar algunha das actividades desenvolvidas polo Grupo I, destinadas a restablecer completamente as condicións normais de vialidade e seguridade, e os elementos danados como consecuencia de incidentes ou emerxencias. Como exemplo, a colocación puntual, reposición ou reparación de barreira de seguridade, cunetas, sinalización ou balizamento danados como consecuencia de accidentes.
Trátase de operacións de reposición inmediata (entre 24 horas e 5 días, en xeral) e non programables.

Grupo III. Comprenderá as actuacións correspondentes aos traballos de conservación ordinaria programados e os extraordinarios necesarios para o mantemento do estado de certos elementos da estrada en niveis de calidade próximos aos máximos desexables. Neste grupo inclúense, entre outras actividades:

– Segado e roza periódica da vexetación en beiravías, cunetas, medianas, illotes ou noiros; tratamento con limitadores de crecemento e herbicidas e/ou produtos fitosanitarios.

– Limpeza e reperfilado de cunetas.

– Reparacións programadas de en obras de paso: xuntas de dilatación en taboleiros, limpeza de estribos, etc.

– Pintado ou repintado de marcas viarias e resaltes en beiravías.

– Reparación de defectos do pavimento (fochas, gretas, fisuras,…).

– Estabilización de noiros.

 

29 de decembro de 2014 | 16:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.