A Xunta licitará por 34 millóns de euros a conservación ordinaria e vialidade invernal de 1.500 km. da rede autonómica na provincia Lugo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoLugo
A-
A+

O vindeiro luns, 29 de decembro, a Xunta de Galicia licitará os dous contratos destinados a manter a vialidade e acometer as tarefas necesarias de conservación ordinaria das estradas da rede de estradas de titularidade autonómica na provincia de Lugo. O Goberno Autonómico investirá máis de 34,3 millóns de euros nun prazo de catro anos para a conservación de case 1.500 quilómetros de rede viaria autonómica na provincia lucense.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, realizou esta mañá este anuncio durante unha visita ás obras do centro de conservación do Incio, que estarán rematas no primeiro trimestre de 2015, tal e como avanzou a conselleira e nas que a Xunta investiu 288.000 euros.

Vázquez Mourelle salientou que estas dúas actuacións son unha mostra do compromiso da Xunta cunha das materias fundamentais no ámbito das estradas, como é manter en bo estado de conservación o patrimonio viario. Co fin de conseguir unha maior operatividade, dada a extensión da rede, téñense establecido dúas zonas diferenciadas: Lugo norte e Lugo sur, polo que se licitarán dous contratos de servizos, un por zona.

As tarefas de conservación e explotación de estradas teñen por obxecto o mantemento do patrimonio viario en condicións adecuadas, de xeito que permita unha circulación o mais segura, cómoda e fluída posible.

Para conseguir estes obxectivos, a administración autonómica está a levando a cabo, entre outras, actuacións que perseguen facilitar ou facer posible a circulación en condicións de seguridade e fluidez (actividades de vialidade), e actividades destinadas a retrasar a degradación ou a corrixir impactos puntuais (actuacións de conservación ordinaria).

Tal e como explicou a conselleira, os traballos que se licitan poden dividirse en tres grupos:

Grupo I: que comprende as actuacións necesarias para garantir a vialidade: como a atención inmediata a emerxencias e incidencias que afectan á circulación (asistencia en accidentes, limpeza de vertidos accidentais de aceites, retirada de árbores, de animais mortos, limpeza de desprendementos, etc.); as actividades relacionadas coa viabilidade invernal: tratamento preventivos ou curativos antixeo con maquinaria de extensión de fundente, así coma a retirada da neve ou do xeo con material de empuxe; ou as operacións de vixilancia, diaria ou periódica, para obter información do estado e funcionamento dos diferentes elementos das estradas;inclúese dentro deste grupo tamén, a implantación, seguimento e actualización dun sistema para a xestión da conservación.

Para levar a cabo estas tarefas disponse de persoal con dispoñibilidade as 24 horas ao dia.

Grupo II:recolle os materiais e/ou medios auxiliares necesarios para complementar algunha das actividades desenvolvidas polo Grupo I, destinadas a restablecer completamente as condicións normais de vialidade e seguridade, e os elementos danados como consecuencia de incidentes ou emerxencias.

A modo de exemplo, Vázquez Mourelle destacou a actuacións como a colocación puntual, reposición ou reparación de barreira de seguridade, cunetas, sinalización ou balizamento danados como consecuencia de accidentes.

Trátase de operacións de reposición inmediata (entre 24 horas e 5 días, en xeral) e non programables.

Grupo III: comprenderá as actuacións correspondentes aos traballos de conservación ordinaria programados e os extraordinarios necesarios para o mantemento do estado de certos elementos da estrada en niveis de calidade próximos aos máximos desexables. Resto grupo inclúense, entre outras actividades: o segado e roza periódica da vexetación en beiravías, cunetas, medianas, illotes ou noiros; tratamento con limitadores de crecemento e herbicidas e/ou produtos fitosanitarios; a limpeza e reperfilado de cunetas; as reparacións programadas de en obras de paso: xuntas de dilatación en taboleiros, limpeza de estribos, etc; pintado ou repintado de marcas viarias e resaltes en beiravías; a reparación de defectos do pavimento (fochas, gretas, fisuras,…); ou a estabilización de noiros.

Mediante estes contratos disporanse, entre outros, os seguintes medios, material e persoal destinados ás tarefas anteriormente indicadas, en cada unha das dúas subzonas:

Lugo norte:

 

Centro COEX

Subcentro de operacións

Subcentro de vialidade invernal

Persoal

Maquinaria (camións quitaneves, retros, etc)

Cabreiros

Cabreiros, Pastoriza, Baleira,        Lugo

Cabreiros, Pastoriza, Baleira,         Lugo

44

12

 

Fundentes (t)

Plantas salmoira (ud)

Sinais (ud)

Marcas viarias (Km)

Desbroce (Km)

Limpeza de marxes (Km)

Mesturas bituminosas (t)

Tratamentos superficiais (m2)

5.000

2

522

3.073

6.922

577

8.393

28.844

 

Lugo sur:

 

Centro COEX

Subcentro de operacións

Subcentro de vialidade invernal

Persoal

Maquinaria (camións quitaneves, retros, etc)

O Incio

O Incio, Sarria, Monforte, Triacastela

O Incio, Sarria, Monforte, Triacastela

45

12

 

Fundentes (t)

Plantas salmoira (ud)

Sinais (ud)

Marcas viarias (Km)

Desbroce (Km)

Limpeza de marxes (Km)

Mesturas bituminosas (t)

Tratamentos superficiais (m2)

6.600

2

541

3.147

7.261

605

8.804

30.255

 

Importancia das tarefas de vialidade e da conservación ordinaria

A Consellería de Medio Ambiente ten entre as súas principais tarefas e prioridades a conservación de estradas co obxectivo de manter o patrimonio viario en bo estado, mediante actuacións no só destinadas a manter as estradas en boas condicións materiais, senón tamén a garantir a súa funcionalidade permitindo o servizo. As estradas teñen como misión comunicar de forma eficiente distintas zonas, sendo a seguridade unha compoñente fundamental da medida da eficiencia.

As tarefas de vialidade, destinadas a garantir a transitabilidade nas estradas comprenden as seguintes actuacións:

– Vixilancia permanente, para ter un bo coñecemento do seu estado e funcionamento;

– Atención a accidentes e de incidencias que afectan á circulación, e reparación urxente dos danos que se puideran causar como consecuencia dos mesmos. Para levar a cabo estas tarefas disponse de persoal con dispoñibilidade as 24 horas ao dia.

– Actuacións de vialidade invernal, que teñen por obxecto manter as estradas situadas en zonas propensas a xeadas ou nevadas en boas condicións en época invernal, reducindo ao mínimo os períodos nos que se teñan que establecer restricións ou cortes de tráfico.

Pola súa banda, no capítulo da conservación ordinaria, as traballos a desenvolver abarcan principalmente operacións de limpeza e desbroce, pequenas actuacións de reparacións de firme e en obras de fábrica, así coma o mantemento da sinalización horizontal, vertical e o balizamento, entre outras.

Con estes contratos, o executivo autonómico pon á disposición os medios materiais e humanos necesarios para garantir que as estradas sexan transitables en condicións de seguridade de xeito permanente, e en especial nos meses de inverno nos que as condicións meteorolóxicas dificultan a circulación.

A Xunta prevé licitar a totalidade dos contratos de conservación de estradas antes de que remate o ano.

22 de decembro de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.