A Xunta inicia unha rolda de cursos de formación en Lugo para previr a violencia de xénero en redes sociais e smartphones
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu esta mañá ao inicio do primeiro dos cursos de formación especializada que Igualade impartirá entre os profesionais dos CIMs para por freo á violencia de xénero e sexual a través das novas tecnoloxías.
Baixo o título “Violencia de Xénero e Sexual en Internet, Redes Sociais e Smartphones: Coñecer, Previr e Actuar” o obxectivo deste curso é seguir achegando coñecementos para a mellora na atención e a intervención por parte dos profesionais que en Galicia traballan con mulleres e menores que sofren violencia de xénero nos seus fogares.
De feito, a iniciativa enmarcase dentro das actividades de formación que celebra a Secretaría Xeral da Igualdade periodicamente e que da cumprimento a un dos obxectivos do VI Plan Galego para a Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes. Por iso, celebrarse durante o mes de decembro nas catro provincias: Lugo (1 e 2), Ourense (3 e 4), Vigo (9 e 10) e Santiago (11 e 12).
A actividade ten una duración de 20 horas lectivas -10 presenciais e 10 online- e está impartida polo persoal de ‘Pantallas Amigas’, una entidade amplamente recoñecida polo seu traballo no eido dixital e que desde 2010 centrase en combater a Ciberviolencia de xénero.
O contido do curso abranguerá asuntos como o ciberacoso, sexting, sextorsion e ciberbullyng; ademais de afondar nas características da Rede o uso seguro de internet, as redes sociais de uso máis común entre as mozas e mozos galegos, seguridade e privacidade nos Smartphones, aspectos legais e ciberdelitos, etc.
No caso concreto de Lugo, cuxo curso visitaron hoxe as dúas representantes do Goberno galego, hai preto de 30 participantes que veñen da casa de acollida de Lugo, da Unidade de Igualdade e do Servizo de Familia e Menores da delegación de Lugo e dos CIMs da provincia. Concretamente, asiste persoal dos CIMs de Burela, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Palas de Rei, Quiroga, Ribadeo, Sarria, Vilalba e Viveiro.
10 razóns para non prácticar ‘sexting’
Nesta mesma liña, a semana pasada a Xunta puxo en marcha una campaña pioneira a nivel galego e estatal: “10 razóns para non practicar sexting”, que pretende para concienciar tanto á mocidade coma ás persoas adultas, dos perigos que ten difundir fotografías ou vídeos determinados a través de internet e das redes sociais.
Ademais, a través da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero este ano varios concellos galegos están a impartir, como novidade, cursos relacionados coa “Violencia de xénero e o novo contexto dixital”. Trátase de obradoiros educativos para nenos, nenas e adolescentes, preferentemente expostos a situacións de violencia de xénero, que se centran no coñecemento e prevención das novas formas de violencia que xorden no contexto dixital: ciberviolencia de xénero, grooming, sextorsin, etc.











