A xunta de voceiros de Santiago concede o título de fillo adoptivo e medalla de ouro da cidade a Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño
A xunta de voceiros acordou por unanimidade conceder ao escritor Salvador García-Bodaño Zunzunegui o título de fillo adoptivo e a medalla de ouro da cidade, na reunión que esta mañá se celebrou na Alcaldía e na que estiveron os voceiros do grupos municipais. Este nomeamento será aprobado no vindeiro pleno da corporación que se celebrará o venres, día 26 de decembro.
Salvador García-Bodaño, vigués de nacemento, criouse e formouse en Compostela. Escritor, poeta, crítico de arte, ensaísta e columnista de prensa sobre temas culturais e de actualidade, é una das figuras máis singulares e innovadoras pertencentes ao nexo da xeración das festas minervais.











