A Xunta de Accionistas do Celta aproba sen votos en contra as contas do club e a xestión do consello

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

xunta-accionistas-celtaA Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Celta aprobou esta tarde co 99,87 por cento a favor e sen ningún voto en contra o informe de xestión e as contas do club, que inclúen un beneficio de 5,2 millóns de euros despois de impostos no exercicio anterior. Na Xunta estiveron representadas o 57,7 por cento das accións.

A xunta apoiou ademais cun 99.85 por cento dos votos a favor e ningún en contra o orzamento para a presente tempada, que ascende a 30,2 millóns, cun beneficio previsto de 3,6 millóns.

Como vén sendo habitual, interveu a directora financeira do club. María José Herbón para explicar ao detalle as contas da entidade, aprobadas coa porcentaxe antes exposta, e o orzamento da actual tempada.

Toni Otero, director da Canteira, e Miguel Torrecilla, expuxeron a situación deportiva do club, tal como recolle o punto terceiro da orde do día.

2 de decembro de 2014 | 20:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.