A Ximnástica cumpriu no cros Andrés Abanqueiro de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaDeportesPontevedraVigo
A-
A+

Os atletas da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica, que acudiron ao Parque de Castrelos de Vigo, gozaron dunha gran competición que reuniu a máis de 600 rapaces do sur da provincia.

Non foron moitos os atletas pontevedreses que estiveron na catorce edición do cros Manuel Abanqueiro, este fin de semana houbo moita actividade atlética e os atletas fóronse repartindo; aínda así hai que sumar unha vitoria de Carolina Santos, na carreira alevín feminina, unha vitoria máis da nova atleta pontevedresa e tamén, aínda que non subiron ao podio, o quinto posto de Bedilu Mendoza na categoría cadete masculino, ao que lle acompañou Pablo Lourido, que foi oitavo.

Jorge Puig gañou a categoría júnior no Cros dos Menhires

A Torre de Hércules da Coruña, foi un marco inmellorable para a disputa do cuarto Cros dos Menhires, no que os atletas da Sociedade Ximnástica fixéronse notar.

A destacar o décimo posto de Jorge Puig na carreira absoluta e o que é mellor, a vitoria na categoría júnior, que o sitúan en boa posición para poder representar a Galicia no Campionato de España da especialidade.

Antía Carrasco foi outra das destacadas da Ximnástica, ao quedar oitava na carreira infantil feminina.

15 de decembro de 2014 | 18:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.