A Ximnástica celebra a súa asemblea de socios analizando a tempada concluída

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O presidente da Sociedade Ximnástica, Ramón Touza abriu a Asemblea de socios da Sociedade Ximnástica, recordando os falecementos dos pais de Santiago Ferrer Moreira, que se produciron este ano, así como a morte do que foi o adestrador de numerosos atletas da Ximnástica, José María Muradas; así como tamén nos deixo Benigno Rei, fillo dun dos fundadores e atleta da Ximnástica na década dos 50, do pasado século.

Dentro dos diferentes puntos a tratar o aspecto deportivo foi un aos que máis tempo se lle dedicou, o balance é moi satisfactoria con records de medallas e os podios no nacional de Clubs en campo a través e medio maratón. Debateuse moito sobre o futuro da Escola de Atletismo e o equipo feminino.

No aspecto económico o balance de gastos bota 136.480 euros, cun pequeno superávit de 300 euros.

29 de decembro de 2014 | 13:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.