publicidade hoxe

A xestión enerxética da iluminación pública en Oleiros supón un aforro anual de 500.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOleiros
A-
A+

O Concello de Oleiros, a través dunha xestión enerxética intelixente e ben planificada, acadou un aforro anual de 500.000 euros. Isto supón unha redución do gasto total do 31,25% acadada desde que se implantaron as primeiras medidas en 2011. Este logro acadouse a través da revisión dos contratos, da instalación de tecnoloxía punta e da execución de obras. En ningún caso se levou a cabo a eliminación de puntos de iluminación como medida de redución do gasto.

En total leváronse a cabo 14 importantes proxectos de obra executados neste período de tempo, o que supuxo un investimento de 733.220 euros. Desta cantidade o Concello tivo que achegar directamente 180.472 euros de fondos propios e conseguiu captar 552.248 euros de financiamento externo, principalmente da Unión europea. Unha xestión intelixente dos recursos municipais tradúcese en que, cun gasto medio de fondos propios de 50.000 euros anuais, en catro anos acadouse unha baixada da factura enerxética de 500.000 euros. Un logro especialmente meritorio nun momento no que o aumento da factura da luz nos fogares españois foi dun 15%.

5 de decembro de 2014 | 18:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.