A USC conmemora o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunha exposición de traballos artesanais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaSantiago de Compostela
A-
A+

Co gallo da celebración o 3 de decembro do Día Mundial das Persoas con Discapacidade, a USC en colaboración con COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) organizan unha exposición de produtos realizados a man por persoas con discapacidade.

Os traballos que se van expoñer están todos realizados en papel reciclado e hai unha gama variada de produtos, dende libretas ata valeirapetos, estuches, caixas de almacenaxe, agasallos para vodas, etc. Todos eles foron deseñados e elaborados polas 12 persoas con discapacidade que forman parte do taller prelaboral da Ulloa que imparte COGAMI no espazo intercultural Lorenzo Varela en Monterroso.

Durante o mércores e xoves, 3 e 4 de decembro, as persoas que se acheguen ata a Biblioteca Intercentros da USC en Lugo poderán ver o labor realizado no obradoiro en horario de 11:00 a 18:00 horas.

2 de decembro de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.