A Sociedade Ximnástica obtén a súa mellor clasificación na puntuación por postos dos Campionatos de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+

A piques de terminar o ano, a Federación Española acaba de publicar a puntuación global por postos de todos os Campionatos de España da tempada 2013/2014; unha lista na que aparecen máis de 300 clubs de atletismo e na que a Sociedade Ximnástica colócase no posto 17; a súa mellor clasificación de sempre.

Foi no curso atlético 2007/2008, cando a Ximnástica se meteu por primeira vez entre os 20 mellores equipos de España, no posto 19. Agora os 136,5 puntos cultivados, grazas aos 30 finalistas que sumou a Ximnástica nos campionatos nacionais de 2014; melloran en dous postos o seu mellor resultado.

Ademais a Ximnástica colócase como o mellor Club de Galicia, sendo o seguinte galego, o Comesaña Sporting, no posto 23 e o terceiro a Ría Ferrol, no posto 28.

Outro gran logro do equipo que dirixe Ramón Touza e que ano tras ano continúa mellorando un pouquiño máis.

3 de decembro de 2014 | 16:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.